o peite
que a madrasta lle deu
levaba veleno nos dentes
pero tendo o pelo rapado
non lle fixo mal ningún
cando llo tiraron
espetouno no limoeiro
que chorou desde entón
froitos acedos críticas
sen vergonza
advertírana de nena
que non debía peitearse
diante dos homes
(se era transgresión pecadenta
ou ritual máxico nunca soubo)
por iso cando lle medrou o cabelo
levouno desguedellado
como os niños dos paxaros
Marilar Aleixandre, Catálogo de Venenos
Sem comentários:
Enviar um comentário